Os vasos sanguíneos
Existen tres tipos de vasos sanguíneos: arterias, veas e capilares.
· Arterias: son os vasos que conducen o sangue desde o corazón aos órganos. As súas paredes son elásticas e resistentes porque teñen unha grosa capa de tecido muscular.
· Veas: son os vasos que levan o sangue de volta desde os órganos ata o corazón. As paredes das veas ao ter menos músculo son máis finas polo que, para un mesmo grosor, o seu diámetro interno é maior que o dunha arteria.
· Capilares: son os vasos que conectan as arterias coas veas. Son microscópicos, e as súas paredes, extraordinariamente finas, están formadas por unha soa capa de células, o que permite a difusión de gases ao seu través.
Os vasos sanguíneos forman dous circuítos:
· O circuíto menor ou pulmonar. O sangue entra na aurícula dereita e pasa ao ventrículo dereito. De alí sae pola arteria pulmonar, que conduce o sangue aos pulmóns. Despois, regresa ao corazón polas veas pulmonares que a verten na aurícula esquerda. A finalidade deste circuíto é conducir o sangue aos pulmóns para que se osíxene.
· Circuíto maior. O sangue que chega á aurícula esquerda pasa ao ventrículo esquerdo que o impulsa cara á arteria aorta. Esta arteria ramifícase e dá lugar ás distintas arterias que distrubúen o sangue por todos os órganos e tecidos do corpo. O sangue regresa á aurícula dereita do corazón polas veas cavas superior e inferior que recollen o sangue que achegan as veas procedentes dos distintos órganos e partes do corpo. A finalidade deste circuíto é facer chegar o sangue cargado de osíxeno e nutrientes a todas as células do noso corpo.