Os sentidos
O noso organismo posúe distintas estructuras que son sensibles a diferentes estímulos, grazas ás cales podemos percibir unha amplia variedade deles. Estes receptores sensoriais están localizados en diferentes partes do noso corpo e poden captar estímulos luminosos mecánicos, químicos e cambios de temperatura. As células sensibles adoitan ser neuronas, aínda que nos sentidos do gusto e do oído trátase doutro tipo de células, modificadas para realizar a mesma función.