O Gusto
O órgano relacionado co gusto é a lingua, aínda que tamén interveñen outras partes da boca. Ademais, na sensación do sabor intervén o sentido do olfacto, xa que os alimentos tamén desprenden moléculas gaseosas, que son captadas polos receptores olfactivos.
Cando comemos algo, os dentes e a lingua esmiúzano. Ademais, o alimento mestúrase coa saliva, humedécense e, en parte, disólvense nela. Só así, en estado líquido ou disolto, as partículas químicas poden alcanzar os receptores do gusto: as papilas gustativas.
As papilas son pequenas protuberancias distribuídas pola superficie superior da lingua, á que confiren un aspecto rugoso. Tamén existen no padal, na farinxe e nas amígdalas.
Existen catro sabores básicos, que percibimos mellor nunhas zonas concretas da lingua que noutras: doce, salgado, acedo e amargo. Aínda que, grazas á intervención do olfacto, en realidade percibimos máis sabores que estes catro.
Ao inxerir e mastigar o alimento, o seu olor entra nas fosas nasais. A combinación das sensacións gustativas en olfactivas configura a percepción final do sabor na cortiza cerebral.