A Vista
Os órganos relacionados co sentido da vista son os ollos, cada un está formado por un globo ocular e unhas estructuras anexas que o rodean e protexen.
O globo ocular
Os globos oculares alóxanseno interior das órbitas do cranio. As súas paredes están formadas por tres membranas: esclerótica, coroide e retina.
- Esclerótica é a máis externa. Trátase dunha capa branquecina e dura que dá dorma ao ollo. A súa parte dianteira, chamada córnea é transparente e abombada cara a fóra.
- Coroide é a capa media. Posúe moitos vasos sanguíneos que nutren as células do ollo. A súa parte anterior chámase iris, e pode ser dunha certa variedade de ores, que dependen da cantidade que posúa dun determinado pigmento. O iris deixa no centro unha abertura circular, a pupila, que se dilata ou se contrae de xeito involuntario, segundo a cantidade de luz que chegue ao ollo. Entre a coroide e o iris está o corpo ciliar, do que saen uns músculos que se unen ao cristalino, unha lente que enfoca as imaxes na retina.
- Retina é a capa máis interno. Está formada por neuronas, xa que se trata de tecido nervioso. Relaciónase co cerebro a través do nervio óptico, que sae da parte posterior do globo ocular.
As células especializadas en captar as imaxes (estímulos luminosos) e transformalas en impulsos nerviosos son os fotoreceptores. Existen dous tipos: conos e bastóns.
- Conos: distinguen as cores da luz, pero requiren unha certa intensidade de iluminación para funcionar. Existen tres tipos, e cada un deles percibe unha das tres cores primarias: azul, verde e vermella.
- Bastóns; son os máis abundantes e os responsables de percibir as distintas intensidades de luz (distinguen entre luces e sombras). Funcionan mesmo en baixas condicións de iluminación, pero non distinguen as cores.