Orixe e utilidade dos combustibles fósiles
Os combustibles fósiles son aquelas substancias susceptibles de seren empregadas mediante combustión como fontes de enerxía. Os máis utilizados son o carbón, o petróleo e o gas natural.
-Carbón: procede da descomposición de restos vexetais depositados baixo a auga de lagos, pantanos ou marismas, onde a acción das bacterias acaba transformándoos nun material fibroso, lixeiro e de cor parda denominado turba.
-Petróleo: fórmase a partir de materia orgánica procedente do plancto mariño. A acumulación e soterramento destes restos nos fondos oceánicos próximos ás marxes continentais permite a fermentación bacteriana, que transforma eses restos nunha mestura de hidrocarburos sólidos, líquidos e gasos que constitúen o petróleo.
-Gas natural: é unha mestura de hidrocarburos gaseosos localizada en xacementos subterráneos, soa ou asociada ao petróleo. Neste último caso, ao ser o gas máis lixeiro encontrarase por encima da bolsa de petróleo.