O corazón
O corazón é un órgano oco, do tamaño aproximado dun puño, formado por un tecido muscular específico chamado miocardio ou tecido muscular cardíaco.
O corazón está formado por catro compartimentos ou cámaras, dúas superiores chamadas aurículas e dúas inferiores ou ventrículos. As paredes das aurículas son finas. Sen embargo, as paredes dos ventrículos, especialmente as do ventrículo esquerdo, son grosas e musculosas.
Ás aurículas van parar as veas que conducen o sangue ao corazón. Dos ventrículos saen as arterias que conducen o sangue cara aos órganos. As veas coronarias, que percorren o corazón de arriba abaixo, abastecen o corazón.
Nunha sección do corazón pode verse que as aurículas están conectadas cos ventrículos por uns orificios provistos dunha válvula:
- A válvula tricúspide entre a aurícula dereita e o ventrículo dereito.
- A válvula mitral ou bicúspide entre a aurícula esquerda e o ventrículo esquerdo.