Os Glóbulos Vermellos
Os glóbulos vermellos ou eritrocitos son unhas células con forma de disco esmagado na parte central, sen núcleo. A súa función é o transporte de osíxeno desde os pulmóns a todos os órganos e tecidos do corpo.
Son as células máis abundantes do sangue. Son de cor vermella porque conteñen hemoglobina, unha proteína que ten ferro, que é desta cor.