O Olfacto
O órgano relacionado co olfacto é o nariz. Mediante este sentido pódense detectar numerosas substancias químicas que se atopan no aire.
Para que un obxecto teña olor, por exemplo, unha comida, un perfume, unhas flores, ten que desprender moléculas no aire. As paredes das fosas nasais están recubertas por un tecido epitelial moi fino, chamado pituitaria. A maior parte da pituitaria é de cor vermella, debido a que posúe numerosos capilares sanguíneos. A súa función é quentar, humedecer e filtrar o aire que entra polo nariz.
A parte superior da pituitaria é de cor amarela e é a zona sensible ás moléculas que ulimos. Está formada por células receptoras do olor, neuronas provistas de pequenos cilios na súa parte superior, que captan o estímulo. Polo seu outro extremo, as neuronas reúnense e forman varios nervios olfactorios que desembocan no bulbo olfactorio, unha peuena estrutura do cerebro que comunica coa área olfactoria da cortiza.