Os grandes problemas ambientais
A acitividade humana, adicada na actualidade non só a cubrir as necesidades máis básicas (alimentación, saúde, vivenda) senón tamén a aumentar as comodidades persoais e satisfacer todo tipo de desexos, consome cantidades enormes de enerxía e materiais. As principais causas son a emisión incontrolada dos residuos que cada tipo de actividades xera e a sobreexplotación dos recursos existentes. Estes dous factores ocasionaron unha serie de desequilibrios ambientais que poden chegar a poñer en perigo a nosa propia existencia.
O efecto invernadoiro
A atmosfera da Terra contén varios gases que absorben parte da calor reflectida pola superficie, o cal mantén a temperatura media do planeta arredor dos 15ºC. Este fenómeno natural coñécese como efecto invernadoiro. Os gases que o producen son o CO2, principalmente e, en menor medida, o metano e o NO2. O CO2, atmosférico é absorbido polos vexetais na fotosíntese e devolto a ela, en menor medida, na respiración dos seres vivos.
O consumo de combustibles envia ao aire millons de toneladas de CO2, que os organismos fotosintéticos non chegan a absorber. O aumento deste gas na atmosfera provoca entón unha maior retención de calor, é decir, un incremento do efecto de invernadoiro natural, que xa elevou varias décimas a temperatura media.
A chuvia aceda
Ao queimar combustibles fósiles se producen óxidos de xofre (SO2) e de nitróxeno (NO e NO2). Cando estes gases reaccionan coa humanidade do aire transfórmanse nos ácidos sulfúrico e nítrico (H2S04 e HNO2), que son arrastrados polas precipitacións e dan lugar á chuvia aceda.
Alí onde este fenómeno é máis acusado, os bosques desaparecen pola morte progresiva das súas árbores, os solos vólvense improductivos e moitos lagos e ríos aumentan a acidez das súas augas ata provocar a morte de toda a súa flora e fauna.
A destrución da capa de ozono
Na estratosfera, entre os 15 e os 30 km de altura, atópase a chamada capa de ozono, unha zona que na súa composición contén unha gran cantidade deste elemento. O zono absorbe parte da radiación ultravioleta procedente do Sol e impide que chegue á superficie terrestre, onde resultaría letal para os seres vivos.
Desde 1980 comprobouse que a cantidade de ozono da capa diminúe en varios lugares, sobre todo na Antártida. Máis tarde descubriuse que a causa está nuns gases, os cloroflurocarbonos (CFC), cuxa fabricación comezou na primeira metade do século XX e que se utilizaron masivamente como refrixerantes (en frigoríficos e aires acondicionados de edificios e vehículos) e propelentes de aerosis.
Na actualidade, o 95% dos CFC foron substituídos por outros compostos que non danan a capa de ozono.