A Pel e o Tacto
A pel é unha membrana que nos separa do medio externo pero, ao mesmo tempo, permítenos relacionarnos con el, xa que posúe unha gran cantidade de receptores táctiles.
Está constituída por dúas capas de tecido: a epiderme, que é a máis externa, e a derme, a máis interna.
Na epiderme medra o pelo, en diminutas fosas con forma de tubo, chamadas folículos pilosos. á derme chegan vasos sanguíneos encargados de nutrir a pel. Nela atópanse os receptores do tacto. Na pel tamén están situadas as glándulas sudoríparas.
Pódense distinguir dous tipos de receptores táctiles:
·Terminacións nerviosas libres, son terminacións de nervios que se ramifican na derme e na epiderme. Trasmiten sensacións de tacto e dor. Algunhas únense aos folículos pilosos e son sensibles ao movemento do pelo.
·Corpúsculos táctiles, son terminacións nerviosas, pero rodean por distintas envolturas que lles proporcionan aspectos diferentes. Os seus nomes proceden de científicos que os estudaron:
- Corpúsculos de Krause, constituídos por unha cáspsula en forma de bulbo. No sei u¡interior hai unha terminación nerviosa moi ramificada. Son sensibles ao frío.
- Corpúsculos de Pacini, con forma ovoide, trátase dunha terminación nerviosa non ramificada pechada nunha cápsula, formada por moitas capas de células aplanadas. Responden aos cambios de presión.
- Corpúsculos de Ruffini, a terminación nerviosa está moi ramificada e rodéaa unha cápsula delgada. Son sensibles á calor.
- Corpúsculos de Meissner, formados por unha cápsula de células planas entre as cales se ramifican varias terminacións nerviosas. Son sensibles ao tacto.