As glándulas dixestivas
As glándulas dixestivas son as glándulas encargadas de producir os sucos dixestivos, necesarios para a dixestión química dos alimentos no interior do tubo dixestivo.
As glándulas dixestivas son: as glándulas salivares, as glándulas gástricas, as glandulas intestinais, o fígado e o páncreas.
· As glándulas salivares producen a saliva, o primeiro suco dixestivo que actúa sobre os alimentos. A saliva está formada principalmente por: auga; mucina, unha substancia que fai que a saliva sexa viscosa e esvaradía; amilasa salivar, unha encima dixestiva e substancias bactericidas que impiden o crecemento de microorganismos.
· As glándulas gástricas producen o suco gástrico, composto principalmente por: ácido clorídico (HCI) e pepsina, unha encima dixestiva que descompón as proteínas.
· As glándulas intestinais producen o suco intestinal que contén varias encimas dixestivas que completan a dixestión do amidón e das proteínas.
· O fígado é un órgano de gran tamaño. Está situado na parte dereita do abdome, debaixo do diafragma. Produce a bile, que se almacena na vesícula biliar, unha pequena bolsa conectada co fígado. Desde a vesícula, a bile pasa ao duodeno onde exerce a súa acción sobre os alimentos. Está formada, fundamentalmente, por auga e unhas substancias chamadas sales biliares, cuxa función é favorecer a disolucón das graxas.
· O páncreas está situado debaixo do estómago. Segrega o suco pancreático e vérteo no duodeno. Contén varias encimas dixestivas: a lipasa, que actúa sobre os lípidos; a amilasa, que descompón o amidón e a tipsina, que rompe as moléculas de proteínas.