O tubo dixestivo
O tubo dixestivo é unha das partes do aparato dixestivo. Está formado pola boca, a farinxe, o esófago, o estómago, o intestino delgado, o intestino groso e o ano.
· A boca é o orificio de entrada do tubo dixestivo e queda pechada polos labios superior e inferior. No seu interior encóntrase a lingua, un órgano formado principalmente por un músculo, sen o cal non poderíamos tragar. A boca comunícase co esófago a través da farinxe, unha parte do tubo dixestivo na que se conectan as conducións que levan o aire aos pulmóns.
· O esófago é un tubo duns 25 cm de longo que une a boca co estómago e atravesa o diafragma.
· O estómago é un órgano en forma de saco que ten unha capacidade de un litro e medio. A parede interna do estómago contén millóns de diminutas glándulas dixestivas que fabrican o suco gástrico.
· O intestino delgado ten forma de tubo e esténdese desde o píloro ata o intestino groso. Mide uns 5 metros de longo e está enrolado no interior do abdome. Divídese en tres partes: duodeno, xexuno e íleo.
· O intestino groso é un tubo máis groso e máis curto ue o intestino delgado. Mide 1,5 metros de lonxitude, e uns 10 centímetros de grosor. Divídese tamén en tres partes: cego, colon e recto.
· O ano é o orificio de saída do tubo dixestivo. Está situado ao final do recto e pechado polo esfínter anal. A través do ano expúlsanse os residuos da dixestión.