Os pulmóns
Os pulmóns son dous órganos elásticos e esponxosos, de cor rosada, que ocupan case a totalidade do tórax.
O pulmón dereito é maior que o esquerdo e está dividido por dúas canles en tres partes chamadas lóbulos. En cambio, o pulmón esquerdo só ten dous lóbulos e na súa cara interna teñen un oco onde se aloxa o corazón.
Cando os bronquios penetran nos pulmóns ramíficanse cada vez máis, ata que dan lugar a uns tubos moi finos chamados bronquiolos. O conxunto dos bronquiolos e todas as súas ramificacións recibe o nome de árbore bronquial.
Os bronquios desembocan nos sacos aéreos, uns sacos diminutos coas paredes moi finas, que están rodeados dunha rede de vasos sanguíneos moi finos. Cada saco aéreo está formado por alvéolos. En total nos pulmóns temos máis de 300 millóns de alvéolos. A través dos alvéolos prodúcese o paso do osíxeno desde o aire ao sangue, e o dióxido de carbono desde o sangue ao aire.