O Oído
O órgano do oído intervén en dous procesos: a audición e o mantenemento do equilibrio. Pódese considerar dividido en tres partes: oído externo, oído medio e oído interno.
·Oído externo, está formado polo pavillón auditivo e o conducto auditivo externo:
- O pavillón auditivo, que chamamos orella, está dotado dun tecido cartilaxinoso, que lle dá a forma estendida para recoller as ondas sonoras. A súa parte inferior, o lóbulo, carece de cartilaxe.
- O conducto auditivo externo, mide uns 2,5 cm de longo e conduce as ondas sonoras ao tímpano. No seu interior posúe pelos e glándulas productoras de cera, que protexen o resto do oído da entrada de partículas estrañas, microorganismos ou pequenos animais.
·Oído medio, nel está o tímpano, a cadea de peuenos ósos e a ventá oval:
- O tímpano é unha membrana de forma parabólica que bibra ao recibir as ondas sonoras.
- A cadea de osiños constitúena pequenos ósos, chamados martelo, bigornia e estribo, que transmiten a vibración do tímpano cara ao oído interno.
- A ventá oval é unha pequena membrana unida ao estribo que comunica co oído interno.
· Oído interno, chámaselle tamén labirinto pola súa gran complevidade. nel indentifícanse tres estructuras: o caracol, o vestíbulo e as canles semicirculares.
- O caracol ou cóclea é un tubo enrolado en espiral como a cuncha dun caracol. No sei interior está dividido ao longo en tres cámaras cheas dun líquido que conduce o son. Na cámara intermedia atópase o órgano de Corti, unha estrutura que contén as células ciliadas sensibles ás ondas sonoras. As ondas moven os cilios, e isto xera impulsos nerviosos que chegan ao nervio auditivo. Este envíaos á área auditiva do cerebro, situada na súa zona temporal.
- O vestíbulo encóntrase a continuación do caracol. Está formado por dúas cavidades en forma de saco, o utrículo eo sáculo. Ambos informan da posición da cabeza en relación co solo. Sobre os cilios das súas células sensoriais atópanse uns pequenos cristais de carbonato cálcico, chamados otolitos. Cando movemos a cabeza, estes desprázanse debido á gravidade, de xeito que as células xeran impulsos nerviosos que, neste caso, chegan ao cerebelo, o que nos permite manter o equilibrio a pesar de que realicemos desprazamentos, xiros ou aceleracións.
- As canles semicirculares son tres tubos curvados, dispostos nas tres direccións do espazo, que se atopan na parte final do oído interno, e cuxo interior está ocupado por un líquido. Nun dos seus extremos, cada un contén as células ciliadas.