A acción da atmosfera sobre as rochas
Os procesos xeolóxicos externos responsables da modelaxe terrestre son a meteorización, a erosión, o transporte e a sedimentación.
Meteorización
A meteorización é o conxunto de procesos asociados á acción de diversos axentes atmosféricos sobre as rochas, que ocasionan a súa descomposición química e a súa desintegración física.
A meteorización pode ser mecánica e química.
-Mediante a meteorización química as rochas sofren desintegración física, é dicir, rompen en fragmentos que non se transportan e que quedarán expostos aos procesos de meteorización química. Algúns procesos que ocasionan meteorización mecánica son os seguintes:
·Descomprensión das rochas. Aparición de gretas (diaclasas) nas rochas que se expanden ao desaparecer os materiais que as sepultaban.
·Acción do xeo. Ao se conxelar a auga que se infiltra nas gretas das rochas, aumenta o seu volume e o xeo formado exerce unha elevada presión que fractura a rocha. A este proceso chámaselle xelifracción.
·Cambios bruscos de temperatura. A gran diferencia de temperaturas entre o día e a noite dos climas desérticos ou de alta montaña producen expansións e contraccións repetidas que gretan e rompen as rochas.
·Acción das raíces. O crecemento das raíces das plantas nas gretas das rochas exerce unha presión que contribúe á ruptura das rochas xa debilitadas.
-A meteorización química fai referencia a un conxunto de reaccións químicas que poden producirse máis ou menos similtaneamente sobre as rochas e provocar a súa descomposición. As reaccións químicas máis frecuentes neste tipo de meteorización son as seguintes:
·Disolución. A auga é capaz de disolver determinadas rochas como as evaporiticas ou salinas, entre as que se atopa p xeso e a halita.
·Carbonatación. A auga da chuvia contén certa cantidade de CO2, atmosférico disolto. Como resultado desa disolución fórmase ácido carbónico que lle dá ña auga superficial certo grao de acidez.
·Oxidación. A presenza de O2 atmosférico disolto en auga provoca reaccións de oxidación en rochas que conteñen minerais metálicos, como o ferro.