A acción xeolóxica das augas continentais
A auga dos continentes está repartida entre augas superficiais e augas subterráneas. Son augas superficiais as dos regatos, ríos, lagos e o xeo dos glaciares.
-Os regatos son correntes de auga procedentes dos desxeos ou da chuvia que circulan por pequenos regueiros ou canles sen curso fixo. Algunhas formacións da acción dos regatos son:
·Cárcavas: son surcos en forma de "v" escarvaods en terreos brandos e soltos, como arxilas, areas ou cinzas volcánicas.
·Chemineas de fadas: son columnas piramidais coroadas por unha gran rocha que evitaou o arrastre do material existente baixo ela.
·Lenares ou lapises: son sucos elevados en rochas solubles, como as calcarias ou xesos, separados por augas cristas que fan o terreo intransitable.
-Os ríos son correntes de auga permanentes que discorren por unha canle ou leito fixo. A cantidade de auga ou caudal que leva o río varía coas estacións do ano e procede da chuvia e o desxeo. A o longo do seu percorrido pasa por tres tramos ou cusos: alto, medio e baixo.
·Curso alto: é o tramo con maior pendente e, polo tanto, con maior velocidade da auga. Debido á forza da auga, nesta zona predominan a erosión, que permite o encaixe do río no seu leito, e o transporte de materiais.
·Curso medio: neste tramo a pendente é menor. A forza da auga diminúe, polo que predomina o transporte fronte á erosión. Nesta zona, o río describe curvas pronunciadas ou meandros para evitar os obstáculos do terreo que non pode erosionar.
·Curso baixo: a escasa pendente deste tramo impide a erosión e o transporte polo que predomina a sedimentación dos materiais arrastrados polo río. Nas inmediacións da zona final deste tramo, a desembocadura , prodúcese o depósito das partículas máis finas.
-Os glaciares son enormes e profundas masas de xeo acumuladas en rexións con temperaturas moi baixas. Existen dous tipos de glaciares segunda a latitude e a altitude das zonas nas que se forman:
·Glaciares de casquete polar: son os existentes nos polos. Están constituídos por grosas masa de xeo que cobren extensas rexioóns continentais. O xeo dos casquetes polares desprázanse desde o seu centro ata a periferia a través de numerosas linguas que avanzan cara ao mar, onde rompen en grandes fragmentos de xeo flotante ou icebergs.
·Glaciares alpinos: son os que se forman en zonas de alta montaña das rexións frías e temperadas. Neles poden distinguirse tres partes: circo glaciar, val glaciar e fronte glaciar.
·Circo glaciar: é a parte máis elevada do glaciar. Trátase dunha zona cóncava entre os picos montañosos onde se acumula a neve caída e se transforma en xeo.
·Val glaciar: é a canle pola que discorre a masa de xeo ou lingua glaciar cunha velocidade que oscila entre os 10 e os 100 metros anuais. A acción do propio xeo e a dos fragmentos rochosos que transporta (denominados xenericamente moreas) escava o fondo e as paredes laterais do val glaciar que adquire uha forma típica en"u".
·Fronte glaciar: é a parte máis baixa do glaciar, onde o xeo se funde e dá orixe a un torrente ou a un río. É a zona onde quedan depositadas as moreas que transportaba a lingua glaciar.