As vías respiratorias
As vías respiratorias son: as fosas nasais, a farinxe, a larinxe, a traquea e os bronquios. A súa función é conducir o aire ata os pulmóns.
As paredes das vías respiratorias de maior calibre, como a traquea ou os bronquios, están reforzadas por aneis de cartilaxe que as manteñen abertas e permiten o paso constante de aire a través delas. Estes aneis impiden que, por exemplo, a traquea se peche durante a inspiración ou que se retorza cando xiramos ou inclinamos a cabeza.
Os aneis de cartilaxe da larinxe teñen unha forma cun saínte na parte anterior , que se nota ao palpar o colo. Este saínte, que é máis pronunciado nos homes que nas mulleres, coñécese vulgarmente co nome de noz.
Na larinxe atópanse as cordas vocais, que son uns repregamentos da súa membrana interna. Cando o aire que sae dos pulmóns choca coas cordas vocais, fainas vibrar e prodúcese a voz inarticulada. Para poder emitir sons aticulados, é decir, palabras, necesítanse, ademais, os labios e a lingua.