Aparato Circulatorio
O aparato circulatorio é o encargado de facer chegar os nutrientes e o osíxeno a todas as células e de recoller as substancias de refugallo que estas producen e conducilas aos órganos encargados da súa eliminación.
O aparato circulatorio ten dous compoñentes:
- O sistema sanguíneo.
- O sistema linfático.