As Plaquetas
As plaquetas, tamén chamadas trombocitos, son moito máis pequenas que os eritrocitos ou os leucocitos e non teñen núcleo. A misión das plaquetas é a coagulación do sangue cando se produce a rotura do vaso sanguíneo.
Cando se produce unha ferida e os vasos sanguíneos resultan danados, as plaquetas liberan substancias que desencadean a formación. O coágulo está formado por fibras dunha proteína do plasma, o fibrinóxeno, que forman unha malla, e as células sanguíneas que quedan atrapadas nela. A súa función é taponar a ferida para impedir, por un lado, que saia o sangue e , por outro, que entren microorganismos.