Os recursos naturais
Son recursos naturais aqueles medios que se atopan na natureza e a humanidade utilízaos para satisfacer as súas necesidades. Normalmente, clasifícanse en tres grupos:
·Renovables. Son aqueles que non se esgotan aínda que se utilicen en gran cantidade. Son exemplos a enerxía solar e a enerxía eólica. Ambos débense á actividade da nosa estrela e, por iso, sempre disporemos delas.
·Non renovables. Son recursos dos que existen uns depósitos limitados ou cuxa rexeneración é moi lenta e, polo tanto, poden chegar a esgotarse. Por exemplo, o petróleo, que tarda millóns de anos en se formar e que se utiliza en cantidades tan grandes que axiña se esgotará. Outros recursos non renovables son os minerais e as rochas.
·Potencialmente renovables. Neste grupo inclúense aqueles recursos que teñen un tempo de rexeneración relativamente curto e, se non se abusa deles, poden durar indefinidamente. Algúns son as plantas e os animais, os bosques, o aire que respiramos (rexenerado polos vexetais) e a auga (ligada a un ciclo moi rápido de evaporación e condensación).

As enerxías non renovables
Os combustibles fósiles
Os combustibles fósiles son o carbón, o petróleo e o gas natural. Chámanse así porque se formaron en eras xeolóxicas pasadas, hai moitos millóns de anos, debido á descomposición baixo a auga de vexetais e organismos planctonicos.
-O carbón utílizase principalmente para producir enerxía eléctrica nas centrais térmicas.
-Do petróleo obteñense diversos combustibles: butano, gasolina, queroseno, gasóleo e outros.
-O menos contaminante é o gas natural, xa que só libera CO2.
A enerxía nuclear
Nas centrais nucleares os átomos de uranio rómpense noutros máis pequenos (fisión nuclear) ao tempo que se libera unha gran cantidade de enerxía. Ao principio creuse que sería unha froma limpa e barata para obter enerxía, pero despois comprobouse que percisa de grandes medidas de control e seguridade que aumentan moito os custos. Ademais, xera residuos que deben ser almacenados en lugares escuros.
A enerxía xeotérmica
Este tipo de enerxía procede da calor interna da Terra. Faise patente, por exemplo nos guéiseres (chorros de vapor que intermitentemente saen do subsolo nalgunhas zonas do planeta). Unha central xeotérmica introduce auga fría a centos de metros de profundidade e recolle o vapo de auga que ascende para mover unhas turbinas.

As enerxías renovables
A enerxía hidráulica
Consiste en converter a enerxía cinética da auga en movemento en enerxía eléctrica. A forma máis estendida é encorar a auga dos ríos e deixala caer sobre turbinas para obter electricidade. Non contamina o aire nin a auga, pero supón un grande impacto ambiental, xa que altera a dinámica dos ríos. O encoro impide que os materiais erosionados polo río se depositen no seu tramo baixo, acumulándose no fondo da presa.
A enerxía eólica
Podemos capturar a enerxía cinética do vento e transformala en electricidade mediante os aeroxeneradores, sucesores dos antigos muiós de vento. Sitúanse nos parques eólicos, alí onde o vento sopra a maior parte do ano. As pas de cada veniente é a degradación da paisaxe e o dano a moitas aves que chocan contra as súas pas.
A enerxía solar
Para aproveitar esta froma de enerxía, utilízanse os paneis solares. Poden destinarse a obter calor, xeralmente para calefacción e auga quente de edificios. Pero tamén existen grandes centrais solares que obteñen enerxía eléctrica (fotovoltaicas). A sua localización ideal son os tellados das vivendas ou os solos desérticos que non poidan ter outro uso.
A biomasa
Co termo biomasa alúdese a aqueles materiais orgánicos que se poden queimar para obter enerxía. Serven para iso os residuos forestais, agrícolas e mesmo os lixos, polo que resulta barata, aínda que se emite CO2 á atmosfera. Tamén se cultivan plantas para obter mediante fermentación e destilación os chamdos biocombustibles que serven como substitutos das gasolinas.
O hidróxeno
Este elemento químico resulta ser, en principio, unha fonte de enerxía moi limpa, pois cando se queima non produce CO2, senón tan só auga. O problema é que a obtención de hridróxeno si é contaminate, xa que xeralmente se extrae do gas natural e neste proceso si se libera CO2.